Salceda de Caselas

21 May 2017 Salceda de Caselas, ES

Details


Venue : Bodegas Corisca
Contact Email : info@bodegascorisca.com

Unha viaxe extraordinaria a unha Galicia chea de texturas, sabores e cheiros de magníficos caldos que se funden cos sons acústicos do percusionista Robertoliveira. Mesturados con electrónicas cheas de tradición e misticismo galego, que a transforma nun espectáculo contemporáneo e ancestral, ao mesmo tempo na que os espectadores degustan viño.

“…unha verdadeira exhibición de interpretación vitivinícola e degustación musical”

O público asiste a un concerto exclusivo de música para viño, percusión, electrónica e arte visual sincronizado, degustando durante a representación. Un ti a ti máxico, envolvente e cheo de experiencias sensoriais co viño, a música e a imaxe na que todo está coidado ao detalle.

“…unha experiencia única, exclusiva, na que o público degusta viño durante a representación”

Un espectáculo ideado polo artista Robertoliveira totalmente adaptable a diferentes formatos, que pode ser representado en salas diáfanas, feiras, bodegas ou espazos singulares, conseguindo que cada representación sexa especial e irrepetible.

VinumSensus ten entidade e calidade como para ser unha representación multisensorial marabillosa por si mesma, e que os asistentes saboreen os viños que ofrecemos e o que fai que VinumSensus sexa un espectáculo único, exclusivo e totalmente diferente.

“…experiencias sensoriais máxicas”

ROBERTOLIVEIRA VINUM SENSUS 

BODEGAS CORISCA

Aforo limitado a 30 personas

PRECIO: 10€

Información, Inscripción e Venta                                        

Tlf. +34 615 430 296                                                                 

info@bodegascorisca.com

Fecha límite de inscripción: Martes 16 de Maio